lunes, 31 de diciembre de 2018

Cronica

O pasado 9 de decembro como é costume cada mes os de Paso Miúdo fomos de camiñata

Esta vez e seguindo co programa de o X aniversario desta asociación de facer as 10 mellores rutas, dirixímonos ata Guitiriz para facer a ruta da auga.

Comezamos a ruta na Igrexa de San Alberte, que é de paso obrigado do Camiño Norte de Santiago, e dirixímonos de camiño ata Guitiriz pola veira do río Parga

Esta vez acompañounos unha camiñante de luxo (polo menos para min) que aínda que so fixo 6 km, xa empeza a dar os seus pasos na asociación.

A ruta en si non hai palabras que a definan porque hai que vela e andala, esa é a mellor maneira de saber o que se sinte o ver as paisaxes e a compañía que os de Paso Miúdo nos dan en cada ruta.

O final da ruta, en Guitiriz, comimos en O Korreo e a verdade moi ben, logo fixemos a foto de o grupo xunta a una bola de Nadal que había na praza da igrexa xunto cos personaxes de FROZEN ( Elsa e Olaf)

Ahora so queda esperar o ano próximo para comezar o Camiño de Santiago

Vémonos no Camiño

Angel Rivas